1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Nº de expediente: C2001/3.
2. Obxecto do contrato: concesión da xestión do control e mantemento do vertedoiro de Bens e o seu contorno, así como a explotación do aproveitamento enerxético de biogás xerado no mesmo. Duración da concesión: o prazo de duración da concesión é de 15 anos, con carácter improrrogable.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Financiamento: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Garantía provisional: 500.000 pesetas (3.005,06 euros).
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata
o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación:
Grupo C, subgrupo 2, categoría b.
Grupo I, subgrupo 2, categoría b.
Grupo III, subgrupo 7, categoría b.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: trinta días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 13 de xullo de 2001.
P.D.
Francisco Javier Losada de Azpiazu
Tenente de alcalde coordinador da Área de Facenda e Interior