Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación para a elección da entidade xestora para a implantación dun plan de pensións, sistema de emprego e achega definida, para o persoal do Concello de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: elección da entidade xestora para a implantación dun plan de pensións, sistema de emprego e achega definida, para o persoal do Concello de Culleredo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 4 anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Prezo do contrato: constitúen o prezo do contrato as comisións que a entidade xestora e a depositaria percibirán pola xestión, custodia e depósito dos activos financeiros integrados no fondo de pensións.

Fíxase unha comisión máxima para a entidade xestora dun 1% anual do patrimonio do fondo e dun

0,4% anual do valor nominal dos títulos custodiados para a entidade depositaria.

7. Fianza definitiva: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros).

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello nº 12-Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOE, BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12 Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 1 de xuño de 2001.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación