Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia L2000/15).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Negociado de Subministración e Compras. b) Nº de expediente: L2000/15.

2. Obxecto do contrato: a) limpeza. b) Lugar de execución: edificio da policía local, sito na rúa Miguel Servet. c) Prazo de execución: dous anos prorrogables por un máximo de catro.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.030.000 pesetas (48.261,27 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual. e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 12 de xullo de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado