Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.146

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente ó corpo de xestión de Administración (grupo B) da Xunta de Galicia (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 5 de abril de 2001.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 5 de abril de 2001 (DOG, n? 75, do 18 de abril), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións

de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para ó corpo de xestión de Administración (grupo B) da Xunta de Galicia, (lista B), e unha vez elaboradas pola comisión permanente de selección as listas na correspondente sesión, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo de xestión de Administración (grupo B) da Xunta de Galicia, (lista B). As ditas listas están expostas na forma que seguidamente se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade e, se é o caso, levaranse a cabo as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo B: 6.780 pesetas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental, de acordo coa base 3.3 da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 5 de abril de 2001.

Os que non fixeran o aboamento no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública