Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.146

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, de conformidade coa Resolución do 6 de xuño de 2001.

Publicada a Resolución do 6 de xuño de 2001 relativa á publicación das listas reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, con destino en lonxas y matadoiros da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez rematados o prazo previsto na dita resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados

a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios con destino en lonxas e matadoiros da Xunta de Galicia, de conformidade co artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública