Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión do día 18 de xuño de 2001, acordou someter a información pública e introducir varias modificacións no proxecto de compensación do polígono FF do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) das Arrepentidas, que se incorporarán no acto da súa aprobación definitiva polo concello.

O ámbito do polígono FF, cunha superficie total de 3.718,15 m, atópase delimitado ó norte e ó oeste polo río Sarela, e a rúa do Carme de Abaixo, no tramo comprendido entre o edificio número 13 e a igrexa do Carme; ó sur, pola corredoira das Arrepentidas, hoxe chamada rúa das Oblatas; e ó leste, polo edificio número 7 da citada rúa.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ó que se remite o 133.8º da mesma lei, o expediente sométese a infor

mación pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia en nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo