Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

O Pleno Municipal, en sesión do 12 de xullo de 2001, acordou a aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da explotación do vertedoiro de entullos de construcción e demolición municipal de Xove, con tramitación de urxencia para o contrato coas características que se sinalan a seguir:

1. Obxecto: oferta de terreos e concurso de adxudicación do servicio de explotación do vertedoiro de entullos de construcción e demolición municipal de Xove.

2. Tipo de licitación: non se fixa prezo base, debendo ofertalo discecionalmente os licitación segundo o Plan de explotación ofertado.

3. Clasificación do contratista: non se esixe.

4. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real s/n 27280 Xove). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia (982 59 21 54).

5. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais; desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

6. Fianza provisional: 500.000 pesetas (3.005,06 euros).

7. Fianza definitiva: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros).

8. Outros datos: forma parte integrante do prego ou convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o concello, para o establecemento do vertedoiro e o documento de condicións que rexerá no contrato de explotación do vertedoiro, acchegado pola Consellería de Medio Ambiente.

9. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Xove, 13 de xullo de 2001.

Manuel Díaz Sánchez

Secretario