Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ribadumia.

2. Obxecto do contrato: execución das obras (POL 2001) do proxecto de abastecemento de auga, saneamento e rede de sumidoiros do polígono industrial do Salnés (Cabanelas-Ribadumia).

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 13.210.357 pesetas.

5. Garantía provisional: 264.207 pesetas. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Ribadumia, das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D....., con DNI nº....., expedido en....., con data do...., en nome propio (ou en representación de ...., como acredita por.....) , informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº....., con data...., toma parte nel, comprometéndose a realiza-la obra de abastecemento de auga, saneamento e rede de sumidoiros do polígono industrial do Salnés (Cabanelas-Ribadumia), no prezo de trece millóns duascentas dez mil trescentas cincuenta e sete pesetas (13.210.357 pesetas), esta oferta comprende o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.»

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Ribadumia, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Ribadumia, 4 de xullo de 2001.

María Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa