Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA-7/1999).

O Pleno do Concello da Coruña, en sesión realizada o día 9 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-lo informe asinado polo asesor de Urbanismo e a directora adxunta en relación coas alegacións presentadas no trámite de información pública do expediente Plan parcial do sector S-7, recinto feiral, o cal está incorporado ós folios 345 e 350 do expediente administrativo tramitado.

2. Aprobar definitivamente e o Plan parcial correspondente ó sector 7, solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña, recinto feiral, nas condicións recollidas no texto refundido presentado por medio da instancia do 2 de xullo de 2001.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación ou, se é o caso, publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 13 de xullo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo