Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-5/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 6 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Promociones Vecino y Bermúdez, S.C. para establecer aliñacións e rasantes para intervención edificatoria nunha parcela sita no Martinete, parroquia de San Cristovo das Viñas.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 11 ás 13 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 16 de xullo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo