Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de información pública.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación das obras de abastecemento de auga ó núcleo de Armesto e pavimentación dos accesos ó núcleo de poboación de Ferreirós de Valboa, exponse ó público polo prazo de oito

días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, aínda que esta se aprazará no suposto de producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola Corporación.

Por medio deste anuncio convócase concurso para a contratación das seguintes obras:

ObraOrzamento de contrataPrazo de execuciónClasificaciónLugar de execución

Abastecemento de auga ó núcleo de Armesto8.245.000 ptas.3 mesesNonBecerreá

Pavimentación dos accesos ó núcleo de poboación de Ferreirós de Valboa9.662.800 ptas.3 mesesNonBecerreá

1. Entidade adxudicadora: concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá, avenida de Madrid nº 2, código postal 27640. Becerreá (Lugo). Teléfono 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica», conterá a documentación sinalada na cláusula 11.2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá; avda. de Madrid nº 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítense a formulación de variantes en relación cos proxectos aprobados, tanto cualitativas como cuantitativas. Estas melloras deberán ofertarse segundo se establece na cláusula 11.1 b) e d) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 12 de xullo de 2001.

Ramón Núñez Fontal

Alcalde en funcións