Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de mellora da dársena de Porcillán, situado no concello de Ribadeo, provincia de Lugo e promovido polo ente público Portos de Galicia.

En cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de trinta (30) días, o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de mellora da dársena de Porcillán, situado en Ribadeo (Lugo).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Ribadeo.

-Ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia