Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Quiroga (polígono A e C).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo, das 10 ás 14 horas, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 hoas do último día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cae en sábado domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo o terceiro día hábil seguinte, excepto sábados, contado desde o último para a presentación das proposicións.

Lugo, 16 de xullo de 2001.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe provincial do Instituto Galego

de Vivenda e Solo