Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se notifica a proposta de resolución formulada no expediente sancionador de residuos RP 018/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á denunciada cos datos sociais e derradeira dirección coñecida que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, a expedientada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta dirección xeral, sita na rúa Os Feáns, nº 7-C, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A competencia para a resolución do presente procedemento sancionador correspóndelle ó conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia de conformidade co disposto nos artigos 45.2º b) da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta restrinxida de recadación de multas e sancións 2091-0388-90-3110001181, que a Delegación da Consellería de Medio Ambiente ten na Caixa Galicia; empregando o impreso oficial que se facilitará na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Alejandra Domínguez Vilas

Instructora

Vº e prace

Francisco J. Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: residuos Nº RP 018/2001

Denunciado: Revestimientos Galicia, S.L. (Revesgal, S.L.).

Último enderezo coñecido: rúa Rocío, nº 6, Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: producir residuos perigosos sen a preceptiva autorización administrativa.

Tipificación: artigo 34.3º a) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Cualificación: grave.