Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional del Comercio Ambulante de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional del Comercio Ambulante de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas que acrediten posuí-la documentación legal que se esixe a tódolos comerciantes ambulantes.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Liste García, Santiago Patrón Requeijo e Manuel González Pérez.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais