Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación de Propietarios y Criadores de Galicia do Cabalo Galego de Monte, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 18 de maio de 2001, certificación onde se reflicte a modificación dos estatutos da Asociación de Propietarios y Criadores de Galicia do Cabalo Galego de Monte, que no sucesivo se denominará Asociación Pura Raza Cabalo Galego, cambiando así mesmo o domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Magdalena, 18-1ºC; Milladoiro-Ames (A Coruña).

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais