Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada: L.M.T., C.T. e R.B.T. Francos-Maceda, no concello de Maceda (Ourense). (Expediente IN407A 01/24-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentou escrito o propietario do predio nº 13 da relación de afectados, quen alega que a traza da liña eléctrica deprecia notablemente a súa propiedade e limita os posibles usos daquela, o que, ó non existir acordo mutuo entre as partes, lle corresponderá resolve ó órgano competente, o Xurado Provincial de Expropiación, despois de analiza-las correspondentes follas de aprecio coas valoracións que presenten tanto a beneficiaria, como o propietario do terreo afectado.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que naquela non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás

que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma Galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro),

RESOLVO:

1º Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 5.330.582 pesetas (32.037,44 euros):

-Liña eléctrica aérea a 20 kV, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a liña Xunqueira-Vixueses e con final no C.T. proxectado en Francos, con 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 590 m en conductor R.Z. e apoios de formigón.

2º Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3º Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifiquen individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 19 de marzo de 2001, que se publicou no DOG do 2 de maio, no BOP de Ourense do 23 de abril e no xornal La Región do 3 de abril.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 8 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense