Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística 2001-2002.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística 2001-2002.

Orzamento de licitación: dezanove millóns novecentas setenta e cinco (19.975.000) pesetas, equivalentes a 120.052,168 A, no que se inclúe todo tipo de gastos así como tódalas taxas e impostos.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 30 de xullo do ano 2002.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se require.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse nun prazo non superior a 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo (praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela), consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas consonte o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación, e ás 11 horas do quinto día hábil natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo