Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de impacto ambiental das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 10/2000).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, de 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico e polo Decreto 2617/1966, de 20 de outubro sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, de 13 de setembro de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, de 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental (BOE nº 241) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de impacto ambiental das instalacións eletricas que se citan:

Solicitante: Russula, S.A.

Enderezo social: r/ Pasteur, 30-15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico Montes en serra do Barbanza.

Concellos afectados: Porto do Son e Boiro (A Coruña).

Descricións técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 30 MW.

Coordenadas:

V(X=503.525;Y=4.727.300)

V(X=504.500;Y=4.728.350)

V(X=505.500;Y=4.728.225)

V(X=506.500;Y=4.729.625)

V(X=506.500;Y=4.730.000)

V(X=507.125;Y=4.730.000)

V(X=507.125;Y=4.729.000)

V(X=505.700;Y=4.727.050)

V(X=504.950;Y=4.727.050)

V(X=503.525;Y=4.727.300)

-Corenta aeroxeradores de 750 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 50 m de altura e rotores de 3 pas de 50 m de diámetro.

-Vintetrés centros de transformación de 1.600 kVA e tensións de 0,66/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV (1x950) mm AL para interconexión dos centros de transformación e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 30 MVA e relación de transformación 66/20 kV, liña subterránea de interconexión entre o transformador e celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 315 kVA e relación 20/0,38 kV, aparellos de medida, protección e control.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15701 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente á intalacións do parque eólico Montes na serra do Barbanza poderá ser examinado nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Insdustria e Comercio da Coruña e nos concellos de Porto do Son e Boiro, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña