Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, en trámite de urxencia, dos predios números 9 e 10, propiedade de José María García Couso.

Por Resolución do 14 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, foi aprobado o proxecto das obras de trazado da travesía de Navia de Suarna, terceira fase. Clave: LU-00-52.6.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 29 de setembro de 2000 declárase urxente para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase o propietario dos predios nº 9 e nº 10 para que comparezca no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considerase necesario.

Lugar: Concello de Navia de Suarna. O levantamento de actas terá lugar no salón de actos do Concello de Navia de Suarna.

Día: 9 de agosto de 2001, ás 12 horas.

Ó devandito acto deberá acudi-lo titular afectado, persoalmente ou ben representado por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa

custa, se o considerase oportuno, dos seus peritos e un notario.

Lugo, 9 de xullo de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas