Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.087

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO de poxa (1/2001).

Eu, Carmen Caramés Millán, xuíza de primeira instancia e instrucción número tres de Betanzos, fago saber que no dito xulgado e co número 1/2001 se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Pedro Pita Balsa, contra Guillermo Veiga Miramontes, Isabel Sánchez Chico, Dolores Miramontes Pan, en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e no termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día vinteoito de setembro, ás trece horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya S.A. nº 1511, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos, e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, se poderán facer ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houberó crédito do actor continuarán subsistentes; entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo de remate.

Para o suposto de non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día vinteseis de outubro, ás trece horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa e sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de tampouco haber licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día trinta de novembro, ás trece horas. Esta poxa realizarase sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o seguinte día hábil á mesma hora, exceptuando os sábados.

Este edicto servirá de notificación ó/s debedor/es para o caso de non se poder levar a efecto no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa.

A descrición sucinta do predio executado é a seguinte:

Municipio de Bergondo, parroquia de Guísamo, lugar da Brea, casa sinalada co número 29, composta de planta baixa destinada a garaxe, e hoxe, ademais, a carnicería e almacén; e planta alta destinada a vivenda. Ocupa a superficie aproximada en cada planta de cento corenta e catro metros cadrados. Ten pola súa dereita unha pequena terraza de seis metros cadrados de superficie. Forma todo un só predio de cento cincuenta metros cadrados de superficie.

Linda: fronte, sur, estrada xeral de Madrid á Coruña; costas, norte, muro que separa horta de Antonio Cortés, hoxe dos seus herdeiros; dereita, entrando; leste, máis desta herdanza; e oeste, esquerda, predio de Elisa Veiga Insua e con outra porción de Josefa Fernández Fernández.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1449, folio 106, libro 190, predio 11484.

Tipo de poxa:

Nove millóns seiscentas oitenta mil pesetas.

Dado en Betanzos o dezaseis de maio de dous mil un.

A xuíza

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado