Pola Orde do 15 de xaneiro de 2001 (DOG nº 17, do 24 de xaneiro), foron nomeados os membros dos tribunais encargados de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), figurando como presidente titu
lar do tribunal E1 Juan José Álvarez Pérez e como presidenta suplente Loreto Díaz Sánchez.
Como consecuencia do falecemento de Juan José Álvarez Pérez quedou vacante a dita presidencia, procedéndose a nomear a Loreto Díaz Sánchez como presidenta titular do tribunal E1, polo que cómpre nomear novo suplente, e por iso, de conformidade co establecido na base III.4 da orde da convocatoria,
DISPOÑO:
Nomear presidente suplente do tribunal E1 a José Carlos Carid Fernández, funcionario da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública