Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 9.989

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo 2001 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o punto 3º do devandito decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o anterior, con data 10 de agosto de 2000 publícase no Diario Oficial de Galicia número 155 a Resolución do 18 de xullo de 2000 pola que se nomean os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais figurando no seu artigo 1 punto 12º o representante do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia co seu respectivo suplente.

Posteriormente, con data 8 de xuño de 2001 comunícase que a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de diplomados en Traballo Social adoptou o acordo unánime de proceder a renova-lo seu representante no Consello Galego de Servicios Sociais designado na anterior Resolución do 18 de xullo, causando baixa como vocal titular Concepción Rancaño Osorio e como suplente Mª Jesús Santos Santos, designando no seu lugar a Mª Pilar Couce Freire como vocal titular e a Pablo Veiga López-Castelo como suplente.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e no uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia, a Mª Pilar Couce Freire, en substitución de Concepción Rancaño Osorio.

Artigo 2º

Nomear como vocal suplente do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia, a Pablo Veiga López-Castelo, en substitución de Mª Jesús Santos Santos.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais