Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobada polo alcalde deste concello a separata do proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) para contrata-la obra que no punto 2 se indica, expónse ó público polo prazo, dos oito días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente, anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podiendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Alcaldía. Depedencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo de execución: reforma interior e ampliación da Casa do Concello de Tomiño (5ª fase: continuación) cun orzamento de 20.785.439 pesetas (non se admiten baixas) e un prazo de execución de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento, forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva; 831.418 pesetas.

5. Obtención da documentación e información. Secretaría do Concello, praza de Calvo Sotelo, 1, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01, fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó de remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: C-4, 6, 8, 9-d, e os restantes requisitos e criterios de selección especificados no prego.

7. Presentación das ofertas. Plazo: 13 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 hoas (luns a venres) e de 11 a 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas: será realizada pola mesa de contratación e de conformidade co establecido no prego.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 12 de xullo de 2001.

P.O.

Roberto Miranda Álvarez

Concelleiro de Obras e Medio Ambiente