Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valdoviño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Valdoviño.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Estes traballos realizaranse seguindo as directrices establecidas nos correspondentes pregos de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total (IVE incluído): 16.625.200 pesetas (99.916,46 euros).

5. Garantías.

Provisional: 332.504 pesetas (1.998,39 euros).

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Valdoviño.

b) Domicilio: Porta do Sol, s/n.

c) Localidade: 15552 Valdoviño.

d) Teléfono e fax: 981 48 70 41/981 48 72 94.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 15 días naturais contados desde a publicación do anuncio no último diario oficial.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

O primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas (agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día seguinte hábil) ás 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó establecido no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Valdoviño, 13 de xuño de 2001.

José Antonio Rodríguez Fernández

Alcalde