Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 2 de outubro de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 15 (SUNP-15) de Ponte Pereda (Conxo), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de

reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo