Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra intervencións na igrexa de San Ildefonso (San Cibrao das Viñas).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: igrexa de San Ildefonso, San Cibrao das Viñas.

d) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento de licitación: 18.518.970 pesetas (dezaoito millóns cincocentas dezaoito mil novecentas setenta pesetas); 111.301,25 euros.

No orzamento de licitación anterior non se inclúen os honorarios de dirección de obra nin os de coordinación en materia de seguridade e saúde.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 370.379 pesetas, 2.226,02 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1. San Cibrao da Viñas. Teléfono: 988 38 10 34; fax 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e o prego de cláusulas será depositado na Fotocopiadora Puga, situada na

zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 de Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel no que remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 13 de xullo de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa