Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Salvaterra de Miño, no contorno da casa de cultura.

O Pleno do Concello de Salvaterra de Miño, en sesión que tivo lugar o día 11 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no contorno da Casa de Cultura de Salvaterra de Miño, relativo á reordenación do solo urbano onde radica a parcela con cualificación dotacional casa de cultura.

2. Que se proceda á publicación deste acordo no DOG e no BOP de Pontevedra, así como ás comunicacións e traslados previstos no artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencios-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Salvaterra de Miño, 12 de xullo de 2001.

Manuel Andrés Acuña

Alcalde-presidente accidental