Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros anuncia, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a contratación da seguinte subministración:

Obxecto: adquisición dun camión de transporte provisto de basculante e guindastre incorporado.

Orzaento de licitación: 6.500.000 pesetas (39.065,79 euros).

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de entrega: un mes.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de oito días (8) naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación de anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 11 de xullo de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa