Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de poxa.

Anuncio de licitación: o Concello de Fene anuncia poxa con procedemento aberto para adxudica-las obras de repavimentación de camiños no Concello de Fene, de conformidade ó seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de repavimentación de camiños no Concello de Fene.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa conforme o prego de cláusulas administrativas particulares aprobado polo pleno da corporación provincial en sesión celebrada o 30 de marzo de 2001 e publicado no BOP nº 78, de data 4 de abril de 2001.

3. Duración do contrato: tres (3) meses.

4. Tipo de licitación: 12.994.001 pesetas (78.095,52 euros), IVE incluído.

5. Pagamentos: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 2001.511.60100 do orzamento municipal de gastos.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: será do 4% do prezo de adxudicación.

8. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG segundo resulte, en horas de 10 a 13 horas, no rexistro xeral da casa do concello.

9. Apertura do sobre que conteña a proposición económica: terá lugar ás 12 horas, do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, agás que coincidise en sábado, caso no que se trasladará ó seguinte hábil.

11. Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

D/Dª...., con domicilio en..... rúa..... teléfono..... DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... e con domicilio en..... nº..... teléfono.....), toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución ds obras comprendidas no proxecto de repavimentación de camiños no Concello de Fene, e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... pesetas (..... euros) que significa unha baixa de..... pesetas (..... euros) en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., ..... de..... de 2001.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

12. Gastos de publicidade: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Fene, 13 de xullo de 2001.

Francisco Allegue Tenreiro

Alcalde accidental