Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 5 de xullo do 2001, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso por procedemento aberto das obras de gardería municipal, o cal se expón ó público polo prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP ou no DOG para que poidan presentarse reclamacións

Simultaneamente, anúnciase concurso, ben que a licitación se adiará canto sexa necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

a) Entidade adxudicadora.

-Organo: Concello da Guarda. Praza do Reló nº 1. Teléfono: 986 61 00 00, fax: 986 61 02 83.

-Obxecto: construcción de gardería municipal.

-Prazo: 12 meses.

b) Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto.

c) Orzamento.

46.829.350 pesetas (281.450,06 euros) IVE incluído.

d) Garantía provisional.

Será do 2% do orzamento.

e) Obtención de documentación e información.

-Lugar: Secretaría do Concello da Guarda. Praza do Reló, 1. Teléfono: 986 61 00 00, fax: 986 61 02 83.

-Data límite de obtención de documentos e información: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG ou BOP.

f) Presentación de ofertas.

-Data límite: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG ou BOP.

-Documentación: a proposición presentarase segundo establece o punto 20 do prego.

-Lugar: a secretaría do concello en días laborais de 9 a 14 horas.

g) Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións realizadas farase segundo o establecido no punto 21 do prego.

h) Gastos.

Serán a cargo do adxudicatario.

A Guarda, 6 de xullo de 2001.

José Luís Alonso Riego

Alcalde