Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-1/2001).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Xestur-A Coruña, para establecer aliñacións, rasantes, recuamentos e ordenación de volumes para a intervención edificatoria nunha parcela sita na rúa A Falperra, número 1.

Segundo.-Comunicarlle este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do artigo 48.3º da LSG.

Terceiro.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que se dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, uqe se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 11 de xullo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo