Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 18/1999).

A alcaldía presidencia, con data do 8 de xuño de 2001, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación das bases e estatutos da xunta de compensación que se constituirá para a execución do polígono H3.01 San Amaro do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases y estatutos presentado por José Pichel Vispo en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a a comisión xestora e, no seu nome, a José Pichel Vispo como presidente dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advertindo ós interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, nº 18, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación da resolución que se traslada, onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións teña por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

El alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda