Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno, por acordo do 12-7-2001, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da subministración de adquisición dunha retroescavadora para tratamento de residuos sólidos urbanos e execución de saneamentos.

Os citados pregos estarán expostos ó publico durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo o concello anuncia a licitación do citado contrato de submnistración, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: adquisición dunha retroexcavadora para tratamento de residuos sólidos urbanos e execución de saneamentos, coas características mínimas esixidas na base I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de entrega: Concello do Corgo.

Prazo de execución: cincuenta (50) días naturais desde a sinatura do contrato.

Orzamento de licitación: 9.222.000 pesetas, IVE e demais impostos incluídos.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Garantías: provisoria 184.440 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 13 de xullo de 2001.

José A. Ferreiro González

Alcalde