Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía, do catro de xullo de dous mil un, aprobouse inicialmente o estudio de detalle para reaxusta-las aliñacións e resantes da rúa Chile,

conforme o proxecto presentado, redactado polo arquitecto José Ramón Romero Riádigos.

O expediente exponse ó público na secretaría do Concello de Carballo, polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, co obxecto de que calquera persoa interesada poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

Carballo, 10 de xullo de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde