Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 169/2001, do 14 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora da estrada provincial A Lama-Ponte Verdugo, desde o punto quilométrico 0 ó 1,483 (concello da Lama).

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2000, aprobou o proxecto de mellora da estrada provincial A Lama-Ponte Verdugo, punto quilométrico 0 ó 1,483 (concello da Lama) e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Pontevedra foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 25 de maio de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data do 7 de febreiro de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a rea

lización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, a urxencia das obras ven dada pola existencia de graves desperfectos existentes no piso, a sinuosidade e o notable incremento do volume de tráfico producido desde a construcción do Centro Penitenciario da Lama, circunstancias que xeran certo perigo para o tráfico e fan imprescindible o emprendemento de melloras.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Pontevedra para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído ó efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de mellora da estrada provincial A Lama-Ponte Verdugo, punto quilométrico 0 ó 1,483 (concello da Lama).

Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais