Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da seguinte obra:

Obxecto: saneamento en Barcia e Salvaterra.

Orzamento: 20.249.530 pesetas (IVE e honorarios de redacción do proxecto incluídos).

Fianzas: provisional: 2% do tipo. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 2 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do último dos anuncios que se publiquen no BOP e no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello das 9 ás 14 horas.

Vilanova de Arousa, 12 de xuño de 2001.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde