Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación da asistencia técnica para a actualización da enquisa sobre infraestructuras e equipamentos locais para o período 2000-2003.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da dita asistencia técnica polo importe de 45.000.000 de pesetas, IVA incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: o último día de presentación de ofertas é o 30 de xullo de 2001.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de xuño de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado