Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

En sesión plenaria do 8 de xuño de 2001 aprobáronse inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono de execución urbanística PEU-3B, así como proxecto de compensación, planos e títulos de propiedade, o que se somete a información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir da inserción do presente edicto no taboleiro de anuncios municipal, prensa local, BOP ou DOG, para exame e alegacións, segundo o estipulado no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 marzo, do solo de Galicia, entendéndose definitivamente aprobado se no citado prazo de exposición pública non se produce ningunha alegación.

Vila de Cruces, 14 de xuño de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado