Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de compensación da U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4 (expediente 4285/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de xuño de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono U.E IV-10 Ramón Nieto 4, redactado polo arquitecto Javier Martínez Díez e visado polo COAG o 27-4-2001 (expte. 4285/401).

Segundo: semeter este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días habiles, mediante publicación de anuncio no DOG e notificación individualizada ós directamente afectados.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase a disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 11 de xullo de 2001.

Losi Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo