1. Entidade adxudicadotaria.
Concello de Toques (A Coruña).
2. Obxecto.
Contrato para a execución das obras tituladas beirarrúas en travesía Bragaña.
3. Prazo de execución: seis (6) meses.
4. Tipo de licitación: nove millóns catrocentas dez mil catrocentas oitenta e cinco pesetas (9.410.485).
5. Presentación de proposicións.
No rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
6. Fianzas.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
7. Apertura de proposicións.
Terá lugar ás 12 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
8. Pregos de cláusulas administrativas.
Os aprobados polo Pleno da Deputación Provincial da Coruña en sesión celebrada o día 30 de marzo de 2001, publicados no BOP número 78, do 4 de abril de 2001.
9. Modelo de proposición.
O que figura no anexo II dos pregos de cláusulas administrativas.
10. Documentación.
A esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.
11. Outra información.
Poderá obterse copia do prego de cláusulas e demais documentación na Secretaría do Concello en horario de oficina (de 9 a 14 horas), ata as 14 horas do día anterior ó do remate do prazo de presentación de propostas.
Toques, 19 de abril de 2001.
Jesús Ares Vázquez
Alcalde