Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de Toques (A Coruña).

2. Obxecto.

Contrato para a execución das obras tituladas pavimentación no Couso (Vilamor) e outros.

3. Prazo de execución: seis (6) meses.

4. Tipo de licitación: nove millóns trescentas sesenta e sete mil oitocentas noventa e seis pesetas (9.367.896).

5. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

6. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Pregos de cláusulas administrativas.

Os aprobados polo Pleno da Deputación Provincial da Coruña en sesión celebrada o día 30 de marzo de 2001, publicados no BOP número 78, do 4 de abril de 2001.

9. Modelo de proposición.

O que figura no anexo II dos pregos de cláusulas administrativas.

10. Documentación.

A esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

11. Outra información.

Poderá obterse copia do prego de cláusulas e demais documentación na Secretaría do Concello en horario de oficina (de 9 a 14 horas), ata as 14 horas do día anterior ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Toques, 19 de abril de 2001.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde