Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

CONVOCATORIA pública para a elección de xuíz de paz, titular e substituto do municipio.

Obxecto.

A provisión do posto de xuíz de paz, titular e substituto do Concello do Rosal.

Condicións dos aspirantes.

Para poderen tomar parte nesta elección, os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español e ter feitos os 18 anos de idade.

b) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións xudiciais.

c) Non ter sido condenado por delictos dolosos.

d) Non estar procesado ou inculpado en delicto doloso.

e) Estar en pleno exercicio dos dereitos civís.

Prazo de presentación de solicitudes.

Quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG,

empezando a contarse o prazo a partir da última publicación.

As instancias nas que se solicite ser elixidos, dirixidas ó señor alcalde-presidente do concello, acompañaranse dos seguintes documentos:

-Certificado de nacemento ou foto autenticada do DNI.

-Certificado médico.

-Certificado expedido polo rexistro central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980, no seu punto 1.a) refernte a que se encontra inculpado ou procesado.

-Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

O Rosal, 13 de xuño de 2001.

Jesús María Fernández Portela

Alcalde