Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/69-2, 5646 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no cápitulo VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.T. R.B.T. Mundín, Lier.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con orixe en L.M.T. Triacastela-Sarria e final en C.T. Lier de 1.073 m de lonxitude en conductor LA-56. C.T. de 100 kVA relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de 1.450 m de lonxitude en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 29 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo