Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. en Torés.
Situación: As Nogais.
Descricións técnicas: liña de B.T. de 770 m de lonxitude con orixe en C.T. de Torés en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 30 de maio de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo