Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T, C.T., R.B.T. Sobral-Pobadura.
Situación: Ourense-Coles.
Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 13 m derivada desde o apoio nº 11 da L.M.T. Velle-Quintela e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA. R/T 20.000/380-220 V en Seara Vella. Rede de baixa tensión derivada do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 29 de maio de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense