Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información
pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1B (polígono das Fontiñas) 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: C.T. na Abeleira.
Situación: Tordoia.
Características técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA no lugar da Abeleira, instalado nun apoio da L.M.T. Silva a Vila de Abade. Concello de Tordoia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 8 de xuño de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña