O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:
Obxecto: construcción de local social no campo da festa de Dexo.
Orzamento de licitación: 22.028.049 pesetas (132.391,24 euros).
Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría a.
Fianzas:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: nove meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio correrán a cargo do adxudicatario.
Oleiros, 9 de xullo de 2001.
Esther Pita Pita
Alcaldesa