Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de expediente de modificación puntual do PXMO.

Por acordo do Concello Pleno, do 7 de xuño de 2001, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do PXMO na súa disposición transitoria terceira Canide, relativo ó número máximo de plantas.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Oleiros, 26 de xuño de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta