Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (496/2001).

De conformidade co disposto no artigo 78 do TR da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso, polo procedemento aberto-trámite urxente, para a adxudicación polo Concello de Marín das obras de pavimentación en Banda do Río, incluída no FCL'01.

1. Obxecto: a adxudicación das obras de pavimentación en Banda do Río.

2. Prezo do contrato: 15.012.059 pesetas (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, das 9 ás 14 horas, agás o sábado, que será das 9 ás 13 horas durante o prazo de trece días

naturais (13), contados desde o día da publicación desde anuncio no BOP e no DOG.

(Terase en conta para estes efectos a última publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na Sala da Comisión de Goberno, do Concello de Marín, ás 11 horas do segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

Marín, 6 de xullo de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde